p>
A Selección Española Sub-19 convocou ao canteirán celeste Brais Méndez para a concentración que o combinado nacional realizará do 30 de novembro ao 2 de decembro na cidade seportiva de Las Rozas.
A convocatoria do canteirán, que xa foi internacional en diversas categorías, supón un novo paso adiante para unha canteira celeste que nutre de xeito profuso aos distintos equipos do combinado nacional e que constitúe o eixe do proxecto do clube e a súa Fundación.