Hemeroteca canteira

Reparto de puntos no derbi entre Celta B e Pontevedra

RC Celta

celtab281115

 

Celta B e Pontevedra repartíronse os puntos dun derbi intenso e igualado, pero falto de ocasións de gol. Os porteiros tiveron un primeiro tempo tranquilo, no que apenas tiveron que participar. Xa na segunda parte os celestes aclararon as súas ideas en ataque e no minuto 57 perforaron a portaría de Edu. Guille finalizou unha contra letal que supuxo o 1-0 para os locais. O tanto pareceu dar ás aos xogadores de Torres Gómez, que puideron aumentar a súa vantaxe en varias ocasións. Perdoar pasou factura ao Celta. Mouriño conseguiu o empate para os granates e o partido recuperou a intensidade e igualdade da primeira parte. O Celta B loitou sen descanso pola vitoria até o minuto final, pero o gol do triunfo non chegou. 

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA B: Iván, Kevin, Lucas, De Amo, Samu, Borja Fernández, Luis Rioja (Julio Delgado, min.77), Pape (Jordan, min.72), Borja Iglesias, Guille (Rubén Ramiro, min.77), Fragapane.

 

1-PONTEVEDRA: Edu, Adrián, Verdú, Campillo, Pablo (Anxo, min.66), Kevin, Jandrín (Queijeiro, min.55), Álex, Borjas, Mouriño, Carnero (Pedro, min.75).

 

Goles: Guille, 1-0, min.57; Mouriño, 1-1, min.71.

 

Árbitro: Alberto González, do comité castelán leonés. Amonestou polo Celta B a Borja Iglesias e Samu e polo Pontevedra a Mouriño, Jandrín, Pablo, Adrián, Campillo e Anxo.

 

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas