Hemeroteca canteira

Rubén Blanco e Jonny reciben un ano máis o recoñecemento de Fútbol Draft

RC Celta

Futbol_Draft.jpg

 

A edición 2015 dos prestixiosos premios Fútbol Draft incluíu ao defensa celeste Jonny Castro no “Once de ouro” e ao porteiro Rubén Branco no “Once de prata”. Ambos os futbolistas repiten por terceiro ano consecutivo entre os mellores canteiráns do país xunto a Santi Mina que tamén foi seleccionado polo seu desempeño no Real Club Celta durante a pasada tempada.

 

Así, a canteira celeste consolídase ano tras ano como unha das mellores de España. Proba diso é que ao longo dos 9 anos de historia destes premios, os xogadores do club celeste experimentaron unha presenza crecente entre os seleccionados, algo que foi sempre motivo de satisfacción para o club celeste e para a Fundación Celta de Vigo.

 

Rubén e Jonny estiveron presentes durante o tres últimas edicións. O meta celeste recibiu en 2013 e 2014 o premio ao “Once de Bronce” e formou parte do “Once de Prata” na última edición. Pola súa banda, o defensa formou parte do “Once de Prata” en 2013, mentres que en 2014 e 2015 obtivo o máximo recoñecemento. Ambos os futbolistas móstranse orgullosos e ilusionados por estar novamente entre os mellores canteiráns do país e recoñecen que estes galardóns son un incentivo máis para seguir traballando e crecendo como futbolistas.

 

O primeiro futbolista do Celta en recibir o galardón foi Mario Suárez durante a tempada 2005 – 2006. Unha selección na que figuraban xogadores da talla de Sergio Ramos, Cesc Fábregas ou Juan Mata. Posteriormente, a partir do ano 2010, co nomeamento de Joselu como parte do “Once de Bronce”, o Celta recupera a súa presenza nos premios que recoñecen o traballo dos canteiráns. Desde aquel ano, a presenza de xogadores celestes foi crecendo con xogadores como David Costas ou Hugo Mallo, quen compartiu galardón con Sergi Gómez en 2011 e con Carles Planas en 2012, agora compañeiros no primeiro equipo.

 

Fútbol Draft é unha entidade que conta cun recoñecido comité técnico formado por expertos do mundo do fútbol entre os que se atopan seleccionadores nacionais das diversas categorías da Federación Española así como membros da AFE e da LFP. En 2014 esta organización concedeu ao Real Club Celta o Premio Especial de Apoio á Canteira, polo seu incansable traballo na formación e o apoio de novos futbolistas.

 

O club e a súa fundación valoran enormemente estes galardóns que continúan recoñecendo a nivel nacional o esforzo realizado desde as categorías inferiores, sitúan á canteira como referente no panorama nacional e serven como gran aliciente para seguir confiando e traballando nun proxecto de canteira que é sen dúbida un motivo de orgullo para nosa aficción.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas