O acordo foi confirmado esta mañá polo presidente nunha comparecencia ante os medios
Toni Otero seguirá ao fronte da canteira do Real Celta a próxima tempada, según confirmou o presidente do club, Carlos Mouriño esta mesma mañá nunha comparecencia ante os medios de comunicación. Toni Otero cumprirá desta maneira a súa segunda campaña como director, mentres que xa estivera outras cinco tempadas como coordinador do fútbol base celeste.