O Celta B caeu pola mínima ante o Tudelano. Un gol de falta directa ao comezo do partido condenou aos celestes, que gozaron de moitas máis ocasións para marcar que o seu rival. A falta de definición e as acertadas intervencións do porteiro rival impediron que o equipo vigués puntuase.
O filial foi de menos a máis ante un opoñente experimentado que se adiantou no marcador moi pronto. Ibai anotou no minuto 8 de falta directa, un lanzamento perfectamente executado ante o que Iván Villar non puido facer nada.
O tanto visitante espoleó aos celestes. Os de Menéndez fixéronse co balón e envorcáronse con arroxo en busca do empate. Até tres ocasiones claras tivo o filial céltico antes do descanso, dous en botas de Igrexas e unha de Rioja, pero a falta de definición impediu a igualada.
No segundo tempo o Celta B perdeu fluidez no xogo ante a formulación defensiva do Tudelano, replegado no seu campo á espera do erro celeste para golpear á contra. Os vigueses se mostaron atenazados, incapaces de derrubar o muro navarro, até o últimos quince minutos, nos que o conxunto olívico volveu plantarse na área e con moi boas opcións para empatar. O porteiro do Tudelano realizou dúas boas intervencións para evitar o gol celeste.
A expulsión con vermella directa de Pedro Martín, do Tudelano, no minuto 85, renovou as posibilidades do Celta B. O equipo envorcouse ao ataque con determinación e xerou algunhas ocasións máis para marcar, a última delas sobre a bucina. Ao Tudelano funcionoulle a súa aposta defensiva e levou o tres puntos de Barreiro. O filial mereceu máis, pero faltou definición.
FICHA TÉCNICA
0-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Roger Riera, De Amo, Samu (Lucas Olaza, min.82), Gus Ledes, Pape Cheikh (Borja Fernández, min.51), Adri Cuevas, Franco Fragapane, Borja Iglesias, Luis Rioja (Pedro Martín, 71).
1-CD TUDELANO: Pagola, Delgado, Dani Gómez, LaLaguna, Jonathan, Lázaro, Arkaitz (Iván Martín, min.76), Chema Mato, Álex Sánchez (Samanes, min.62), Iba, Paris.
Goles: Ibai, min.8, 0-1.
Árbitro: Pulido Santana, do comité canario. Expulsou a Iván Martín, del Tudelano (min.85). Amonestou polo Celta B a Ledes, Samu, Kevin, De Amo e Riera; polo Tudelano a Chema Mato, Jonathan, LaLaguna, Dani Gómez.
Campo: Municipal de Barreiro.