Hemeroteca canteira

Vitorias das categorías inferiores do RC Celta ante as seleccións galegas sub-16 e sub-18

RC Celta

seleccion_galega_-_celta.jpg

As seleccións galegas prepáranse para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas

 

As Instalacións Deportivas de A Madroa viviron na tarde de onte dous interesantes enfrontamentos entre combinados das categorías inferiores do Real Club Celta e as seleccións galegas sub-16 e sub-18. O motivo destes encontros foi a preparación dos combinados galegos para a primeira fase do campionato de España de seleccións autonómicas, que se celebrará do 28 ao 30 de decembro en Monforte de Lemos.

 

No primeiro partido, un equipo composto por xogadores do Celta B e a Xuvenil División de Honra mediuse á selección galega sub-18. Kevin estreou o marcador para os celestes pouco antes do descanso e, tras a continuación, o xuvenil Oki anotou o 2-0 definitivo.

 

Doutra banda, un combinado de xogadores do Xuvenil Nacional e o Cadete División de Honra venceu por 5-1 á selección galega sub-16. Sergio e Choni puxeron por diante aos célticos no primeiro tempo. Na segunda parte, Rubén recortou distancias para a selección galega; pero Sergio, Brais e Choni sentenciaron o partido a favor dos vigueses con tres bos tantos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas