Exemplo de transparencia
O Grupo RC Celta fai publica a súa información institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de trasparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral.
Información institucional, organizativa e de planificación
Creación do Hub do Deporte Galego buscando facer crecer o noso deporte, dotándoo de innovación e introducilo de cheo na transformación tecnolóxica e dixital no que o Grupo esta inmerso, para iso creásese a Universidade do Deporte, o Ciclo Superior de Formación Profesional, o Primeiro Centro Tecnolóxico de Innovación no Deporte.Grupo está inmerso. Converter Galicia nun referente do turismo deportivo e de restauración como complemento ao turismo das Rías Baixas ou do Xacobeo. Sera un escaparate internacional para diferentes stages e sede de eventos deportivos de carácter nacional e internacional que poñan a Galicia como referente mundial do turismo deportivo.
Aposta pola saúde e co Centro de Alto Rendemento pretende colocar o turismo de saúde-deportivo nun lugar de referencia a nivel mundial. As guías principais para este sector son a investigación e o traballo en saúde preventiva e na mellora da calidade de vida.
O deporte é cada vez mais entendido como unha industria dentro dunha maior, a do lecer. E é nesa industria na que debemos ser competitivos, crecer e achegar ao deporte galego nosa experiencia e instalacións. Interese xeral pola formación dos mais mozos. Un compromiso concreto por achegar á sociedade modelos de éxito como Denominación de Orixe RCCelta, a través da Cidade Deportiva Afouteza e Residencia. En definitiva, as bases do proxecto son a xeración de emprego, o fomento da investigación, a cultura e o lecer, para un futuro sostible.
O Consello Superior de Deportes, concedeu a RCCelta a Placa de Ouro da Real Orde do Merito Deportivo, máxima distinción que outorga o deporte en España, que valora os méritos e circunstancias que concorren nos historiais deportivos e profesionais das persoas e entidades, aos seus éxitos deportivos ou á súa achega ao desenvolvemento do deporte español.
n agosto de 2023 RCCelta cumpriu 100 anos, motivo polo que estamos a celebrar o Centenario, con diversos eventos como o momento máxico para o celtismo da presentación do Himno do Centenario, o evento mais significativo co recibimento no Vaticano dunha delegación de RCCelta, …
Información económica, orzamentaria e estatística
Todo iso fai que na tempada traballásemos intensamente na consolidación da nosa presenza internacional, en xerar contido dixital e na procura de novas oportunidades de patrocinio que incrementen o valor global da marca e permítannos crecer en ingresos e continuar a transformación dixital, baseado na análise permanente da actividade do Grupo.