Hemeroteca canteira

Alejandro Menéndez regresa ao Celta B e Javi Torres incorpórase ao departamento de scouting do club

RC Celta

menendez_celta_b_2216.jpg

 

Alejandro Menéndez regresa ao Real Club Celta. O técnico asturiano é o novo adestrador do Celta B en substitución de Javi Torres, quen cambia as súas funcións no club e incorpórase ao departamento de scouting da entidade celeste.

 

Alejandro Menéndez, quen asinou tempada e media, chegou ao filial na campaña 2007/2008, na que nas últimas xornadas dirixiu ao primeiro equipo co obxectivo de selar a permanencia, un reto que o preparador xixonés culminou con éxito. Esa tempada, o Celta B acabou na oitava posición da táboa. Na campaña seguinte, Alejandro Menéndez volveu dirixir ao filial, que terminou quinto a tan só tres puntos dos postos de play off de ascenso.

 

Tras o seu paso polo equipo celeste, Menéndez dirixiu a Real Madrid Castilla, Racing de Santander e Burinam United, equipo co que conquistou varios títulos, entre eles o de Liga e Copa de Tailandia, a Copa da liga e a Toyota Cup.

 

Agradecemento a Javi Torres

O club quere expresarlle a Javi Torres a súa máis sincero agradecemento pola súa profesionalidade, compromiso e dedicación á fronte do corpo técnico do conxunto filial desde o comezo da presente tempada e considera que o técnico, con amplos coñecementos, unha disposición exemplar e unha gran integración na entidade, pode realizar un gran labor no departamento de scouting do club, en continuo crecemento e de gran importancia tamén para o desenvolvemento da canteira.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas