Campaña de abonados: aumenta de xeito notable o ritmo de tramitación de carnés, case 3.000 máis nunha semana

Con aínda 20 días por diante para o peche da campaña, xa son case 8.000 os abonados que tramitaron o seu carnet do RC Celta para a presente tempada, un dato francamente positivo dadas as actuais circunstancias e a tradicional evolución das campañas de abonados do club, que rexistran a súa maior actividade no tramo … Continuación

Os abonados poderán gozar de visitas guiadas á Cidade Deportiva Afouteza

A Cidade Deportiva Afouteza abre as súas portas para os abonados do RC Celta, que poderán coñecer estas magníficas instalacións nos próximos días con visitas guiadas para descubrir todos os detalles dunha cidade deportiva que supón un paso adiante inmenso par o club. Debido ás medidas sanitarias que deben aplicarse por mor da pandemia, as … Continuación

Un celtista da peña Baixo Miño participou na inauguración da Cidade Deportiva Afouteza

Ricardo Gómez Sobrino, membro da Peña Celtista Baixo Miño, foi un dos afortunados que puido asistir á inauguración da nova cidade deportiva do RC Celta e coñecer as instalacións. O club puxo en marcha durante esta tempada unha campaña aberta a todos os afeccionados para elixir un nome para a nova cidade deportiva. Ricardo participou … Continuación

Gran ritmo na tramitación de carnés co regreso de público a Abanca Balaídos no horizonte

Cando aínda queda un mes para a finalización da campaña de abonados e albíscase por fin o regreso de afeccionados aos estadios, son xa máis de 5.000 os carnés tramitados polo RC Celta para a presente tempada. A campaña, baixo a lema ‘Sempre Celta’ arrincou hai unhas semanas cunhas condicións vantaxosas en comparación co resto … Continuación

Barreiro acollerá a 300 abonados este domingo ante a SD Compostela

O Celta B recibe este domingo en Barreiro á SD Compostela, ás 12.00 horas, na sétima xornada do presente campionato. Seguindo os protocolos sanitarios correspondentes adecuados á capacidade de Barreiro e tras a última autorización da Xunta de Galicia*, o RC Celta dará acceso a un total de 300 abonados cumprindo as directrices marcadas polas … Continuación

A ‘luz celeste’ da fin de semana instálase esta tarde en A Sede

Fin de semana de gran alegría para o celtismo, que viviu intensos momentos de satisfacción coa inauguración da Cidade Deportiva Afouteza e as vitorias do primeiro equipo e do filial, ambas extremadamente valiosas. O RC Celta dálle hoxe continuidade a este brillante fin de semana cunha xa tradicional iniciativa que recolle e estende esa alegría … Continuación

O soño faise realidade: o RC Celta inaugura a Cidade Deportiva Afouteza

Día histórico para o celtismo e o RC Celta, que 97 anos despois do seu nacemento dispón dunha cidade deportiva propia, moderna, funcional, sustentable e integrada co medio ambiente. O Real Club Celta inaugurou este sábado a primeira fase do proxecto da Cidade Deportiva Afouteza nun acto sinxelo no que primaron as medidas de seguridade … Continuación

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza nun sinxelo acto e cumprindo todas as medidas de seguridade. Os afeccionados poderán seguir o evento a partir das 14.00 horas na canle oficial de Celta Media en youtube e coñecer as instalacións nas que leva adestrando o primeiro equipo os últimos días.

O RC Celta atendeu este xoves a numerosos abonados en Abanca Balaídos

O RC Celta atendeu onte a numerosos abonados maiores de 65 anos en Abanca Balaídos co fin de ofrecerlles axuda para renovar o seu carné. Respectando en todo momento as medidas de seguridade establecidas, os abonados puideron tramitar a domiciliación do seu abono, liquidar incidencias ou resolver dúbidas relacionadas coa campaña de abonados ‘Sempre Celta’. … Continuación

O celtismo elixe un nome para a historia: Cidade Deportiva Afouteza

A afección do RC Celta envorcouse na elección do nome da nova cidade deportiva celeste, cuxa terceira fase concluíu cun índice de participación espectacular. O celtismo respondeu de xeito masivo á proposta do club de darlle voz nunha decisión que queda para a historia. E xa hai unha proposta ganadora, cunha ampla maioría: Cidade Deportiva … Continuación