Aparcar no día de partido

Sabemos que aparcar en Abanca Balaídos é un problema e desde o club estamos traballando para que iso no sexa impedimento para asistir ao estadio e animar aos nosos. Así, desde este sábado os afeccionados celestes poden aparcar no parking de Praza de América, apenas a dez minutos a pé do estadio, cun incentivo moi … Continuación

Os cadetes Moha Dahmouni e Óscar Marcos, convocados pola Selección Española sub-16

Con motivo do Torneo Internacional sub-16 Albir Garden, que se vai a celebrar en L’ Alfàs do Pi (Alacante), a Selección España sub-16 convocou ao defensa Mohamed Dahmouni e ao centrocampista Óscar Marcos. Os xogadores do Cadete A foron citados do 22 ao 28 de novembro na localidade alacantina, na que terán que medirse a … Continuación

O golfista Santiago Tarrío, sexto ponente do curso D.O. Celta

A VI Edición do Curso Denominación de Orixe Celta retomou o luns día 15 de novembro a súa actividade no Salón Rexio da Sede coa sexta xornada protagonizada polo golfista Santiago Tarrío. En formato entrevista dirixida polo psicólogo deportivo Joaquín Dosil, o golfista galego estivo acompañado pola seu caddie, Noelia García. Santiago Tarrío, mozo santiagués … Continuación

O Fundación Celta Integra pechou a tempada 2019/2020 de LaLiga Genuine Santander

O Fundación Celta Integra viaxou o pasado venres 12 de novembro a Tarragona para vivir o reencontro máis esperado do ano: a volta de LaLiga Genuine Santander, a competición de fútbol máis integradora e pioneira no mundo, posta en marcha por LaLiga a través da súa Fundación. Desta forma púidose poñer fin a unha tempada … Continuación

Fundación Celta Integra e Celta Zorka Recalvi compartiron unha xornada moi especial

O Fundación Celta Integra viviu o pasado luns día 8 de novembro un adestramento singular coas xogadoras do primeiro persoal do Celta Baloncesto Femenino. Unha xornada celebrada nas Instalacións Deportivas da Madroa baixo un ambiente magnífico, cheo de felicidade e diversión, para posteriormente compartir un pequeno almorzo. Unha experiencia moi gratificante e enriquecedora. Ambos equipos … Continuación

A Fundación Celta difunde a metodoloxía de canteira celeste en Libia

O RC Celta continúa expandindo as súas fronteiras da man da Fundación Celta. Marcos Alonso e Diego Giménez, técnicos de Celta Academy, desprazáronse a Trípoli, capital de Libia, para desenvolver unha formación con técnicos locais nun evento organizado coa colaboración de Kali Sports Investment e a academia Forsan Elmotawaset. Durante tres días, máis de 70 … Continuación

Un ilustre da preparación física no Curso DO Celta: Pepe Casal, protagonista da quinta xornada

VINA edición do Curso Denominación de Orixe Celta non se detén a pesar de ser festivo e onte luns día 1 de novembro celebramos a súa quinta xornada no Salón Rexio da Sede, protagonizada por Pepe Casal. Preparador físico vigués, gran celtista e distinguido coa Insignia de Ouro do Club, de extensa traxectoria e recoñecido … Continuación

O proceso de captación no fútbol, protagonista da man de Alfredo Merino no Curso DO Celta

O Salón Rexio da Sede acolleu a tarde deste luns a terceira xornada da VI edición do Curso Denominación de Orixe Celta. Neste caso, o relator invitado foi un profesional da casa de recoñecido prestixio, Alfredo Merino Tamayo, responsable de departamento de captación do RC Celta. Con experiencia no Real Madrid, exerceu o rol de … Continuación

Sergio Álvarez enche de contido e ilusión a Escola de Porteiros que leva o seu nome

A Escola de Porteiros Sergio Álvarez xa está a pleno funcionamento. Esta nova iniciativa da Fundación Celta, que tivo unha gran acolleita, foi presentada nas Instalacións Deportivas da Madroa, onde os nenos gozaron ao máximo coa presenza do ex guardameta celeste. A Escola foi presentada polo director da Fundación Celta, Germán Arteta, nun acto no … Continuación

A ‘mellor profesora de España 2020’ protagoniza o regreso de Curso Denominación de Orixe Celta

O Salón Regio de A Sede foi o escenario do regreso dunha das iniciativas máis representativas do RC Celta, o Curso Denominación de Orixe Celta, cuxo obxectivo é potenciar a formación e especialización dos técnicos da entidade celeste e dos clubs convidos. A VI edición do evento desenrolada esta tarde terá continuidade con diferentes xornadas … Continuación